sábado, 18 de noviembre de 2017

ESQUEMA CORPORAL

 
Na asamblea, momento de gran grupo, o neno/a encargado do día, debuxase a se mesmo, recoñecemento da súa figura. Repasamos e traballamos a través de cancións; as partes do corpo, o que temos na cara, cantos orellas, cantas bocas, nariz, ollos, para que serve cada cousa,...Unha actividade moi rica en posibilidades que nos permite traballar moitos conceptos lóxicos-matemáticos; arriba-abaixo, número, localización espacial....






Mesmo encargado, vinte días entre unha foto e a outra. Pouco a pouco o esquema corporal vai mellorando, temos cara con ollos un a cada lado, boca, nariz, orellas unha a cada lado, pelo, brazos que rematan nunha man, pernas con pés. Aproveitamos este traballo para o cálculo e a distribución espacial.








 

1 comentario: