sábado, 16 de diciembre de 2017

AGASALLO

Os nenos e nenas de tres aniños xa teñen preparado o seu detalle para meter no calcetín que eles queiran. Un bico e unha aperta son os agasallos que sen costar nada son os menos valorados.  
 

miércoles, 13 de diciembre de 2017

A MIN

 Continuando coa actividade  do luns hoxe crearon eles, neno/a por neno/a o seu propio conxunto de 1 elemento ou de 2 elementos e o colocaron no sitio correspondente. Apoiados visualmente polas etiquetas dos dedos da man e por una man de goma eva que tamén empregamos. Eles mesmos se organizaron, traballandose tamén a súa autonomía. A diferencia coa actividade plantexada o luns estriba en que hoxe foron eles mesmos os que crearon os conxuntos, cada un o que él quixo.
 




martes, 12 de diciembre de 2017

AS NOSAS ÁRBORES


Estes días os nenos/as  elaboran as súas árbores de Nadal. O que máis lles gusta e experimentar coas cores e pintar libremente cun bastoncillo, ás veces pintan algo máis que a árbore pero......gozan coa actividade que iso é moi moi importante. 
 

CALCETÍN

 
Qué ilusión lles fixo traer un calcetín da casa!!!! É de meu pai! É de miña nai!!
Aproveitamos para traballar a lonxitude dos mesmos comparando e descubrindo cal era máis longo.
 
 
 
Graciñas familias
 
 

AS FORMAS XEOMÉTRICAS


Estreamos outro xogo!!!! Con estes bloques reforzamos as cores primarias e as formas xa traballadas e coñecemos outras novas. Poñemos en práctica o conteo e a localización espacial de certas figuras; arriba-abaixo..... Un xogo con un abánico de posibilidades enorme.

lunes, 11 de diciembre de 2017

A NOSA MENSAXE

Empezamos coas mensaxes que meterán os nenos/as nos calcetíns.A quen lle tocará?
 
 
 

NÚMERO 1 E MURAL DE PLASTILINA

 
Outra vez repasamos co dedo máxico o número 1 facendo que subirá pouquiño e baixara moito. Unha vez feita a actividade cada neno elaborou o seu número 1 coa plastilina da cor do noso mandilón. Encantoulles ver pegados os seus números.
PEQUENOS ARTISTAS!!!!



FACEMOS MAXIA

Traemos moitas forzas de tantos días sen escola!!!. Aproveitamos esa enerxía para traballar un pouquiño máis o número 1 e como por arte de maxia facer que apareza o número 2. Tivemos os apoios visuais ds dedos da man. A actividade divideuse en dous momentos diferentes. Nun primer momento uns nenos/as colocaron unha cousiña en cada prato, soamente unha. Outros nenos/as colocaron outra cousiña donde quixeron pero se tiñan que fixar xa que si xa había dúas cousas nun prato tiñan que buscar outro. Despois tiñan que   clasificar os pratos que tiñan unha cousiña soamente por un lado e por outro os que tiñan dúas cousiñas. 
 
 Outro momento-actividade foi; cada neno/a tiña na man un prato con unha ou dúas cousas e o tiña que clasificar el só no lugar correspondente.


martes, 5 de diciembre de 2017

ÁRBORE


Entramos no mes máxico para os nenos e nenas. Mes cheiño de emocións e recordos para os que non somos tan pequenos xa.
 
Os nenos de 4 anos aproveitando que estivemos traballando o círculo e o cadrado elaboramos unha árbore de círculos e fixemos os agasallos en forma de cadrados. As cores empregadas foron as primarias e algún secundario xa.  A nosa árbore está coronada por unha estrela coas cariñas dos nenos e nenas. Arredor da árbore hai palabras; paz, amor , cariño.... que se estiveron  traballando na aula , vendo pola letra que empezaban, recoñecendo algunha letra e posteriormente levados pola man o trazo das mesmas.
 


TULIPÁNS

 

Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil plantaron tulipáns no xardín da entrada da nosa escola. Toda actividade na nosa etapa educativa é boa para traballar conceptos e esta actividade aproveitamola para seguir traballando o número 2.
Graciñas profe Ana Blanco

 
 
 
 




TRAZO HORIZONTAL


 
Moitas veces o traballo na etapa de Educación Infantil non queda  reflexado nas fichas que os pais/nais verán máis tarde. Un traballo que pouco a pouco vai collendo forma e dará sentido a aprendizaxes superiores e posteriores.
 
Da gusto velos traballar na nosa pizarra dixital da aula. Teñen preparado o seu dediño máxico e a outra man escondida para cando lles toca sair.