martes, 9 de enero de 2018

VOLVEMOS

Os nenos/as xa tiñan ganiñas da rutina da escola outra vez. Estes días sen velos parece que ata medraron un pouquiño!!!. Volvemos con forza renovadas, con ilusión e con ganas de traballar.
 
  Agardaba unha pequena sorpresa. A aula estaba un pouco cambiada e os nenos/as non tiñan o seu sitio na mesa  nin aos mesmos compañeiros. Foi divertido ver a súa cariña  e a búsqueda da súa nova ubicación  e  descubrir con quen estaban sentados este trimestre.
 
Continuando un pouco ca maxia do Nadal, hoxe tocoulles ser magos. Vimos na nosa pizarra o conto que xa coñecíamos de Pequeño azul e pequeño amarelo. Cada neno/a tiña unha bola azul de plastilina e outra bola amarela tamén de plastilina, cas súas maniñas e dediños foron mezclando as cores ata que apareceu a cor verde....QUE CARA DE LEDICIA E SORPRESA!!!!!!

 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario