Pouco a pouco imos adquirindo máis habilidade para realizar os trazos.
"A primeira tarefa da educación é axitar a vida, pero deixala libre para que se desenvolva" M. Montessori SOMOS A CLASE DE 4 ANOS DO C.E.I.P. PLURILINGÜE SANTA RITA DE GALDO, E DESDE AQUÍ QUEREMOS AMOSARVOS COMO É O NOSO DÍA A DÍA NA AULA E NO COLE.
miércoles, 21 de marzo de 2018
domingo, 18 de marzo de 2018
viernes, 16 de marzo de 2018
A NOSA LETRA
Estrenamos xogo na mesa de luz. Letras montables para formar a inicial do noso nome. Apoiándonos visualmente nas tarxetas, os nenos e nenas, van elixindo as pezas que necesitan para dar forma a súa letra. Traballamos a lateralidade o conteo das pezas que empregamos e a súa organización e disposición espacial.
martes, 13 de marzo de 2018
JACINTO
A profesora Conchita, coordinadora do Programa Voz Natura, trouxo un agasallo para os nenos e nenas da clase. Intentamos adiviñar o que podería ser, algún neno decía que era unha cebola, outros unha pelota, outro dixo unha planta pero él mesmo se respondeu que non tiña pelitos para a terra (raíces).Miramosa súa cor e tocaron. Era raro ese piquiño que lle sae verde. Despois dun tempo,dixen que era unha planta que se chama JACINTO e eles contestaron que non; ji,ji,ji,ji....."As plantas son grandes e están na terra". Costoulles aceptar o que era.....xa o verán co paso dos días.
Aproveitamos para falar das cousas que necesitan as plantas para vivir,,,,o primeiro que dixeron foi AUGA.....Despois TERRA .....E despois CALOR (SOL).
Para sorpresa deles cando o plantamos non foi nun tiesto como a outra planta que temos.....foi nun xarrón de cristal cunha forma moi extraña, e non lle puxemos terra , directamente AUGA. Puxémola na ventana do cuarto de baño para que reciba os poucoas raios do sol destes días.
GRACIÑAS Conhi!!!!!!
Pouco a pouco vai medrando. Vemos como lle medran as raíces e como vai abrindo as súas folliñas. É de cor AZUL!!!!!!!!!
jueves, 8 de marzo de 2018
A NOSA PRIMEIRA ACTUACIÓN EN SOLITARIO
Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite!
Ao longo desta semana homenaxeamos a Rosalía de Castro. Hoxe xoves tocounos a nós, aos máis pequerrechos da escola. Como xa queremos que veña o bon tempo para poder saír ao patio de fóra, escollimos unha estrofa do poema Alborada . A maiores de aprender a estrofa de memoría os nenos e nenas elaboraron un pequeño adorno para a cabeza; un paxariño, unha mazorca, un sol e unha lúa cunha estreliña. BRAVOOOOOOOOOO!!!!!!!!!!!!!!
miércoles, 7 de marzo de 2018
LARANXAS
Graciñas profe Conchita por lembrarte dos nenos/nenas da clase dos verdes e traernos as laranzas para facer o zume. Laranxitas das árbore do noso patio de primaria. Traballamos o conteo e un concepto novo a "metade".RICOOOOOOOO
2º EXPERIMENTO
O martes antes de marchar para a casa deixamos tres vasiños transparentes con auga. Os nenos e nenas verteron unhas pingas de colorante azul, amarelo e vermello. Unha cor en cada vaso. Deixámolo tapadiño para descubrir o mércores cando entraramos qué pasara. Por motivos técnicos desta fase do experimento non teño fotos.
O mércores, despois de moitas hipótesis, descubrimos o misterio....a auga que non ten cor agora era azul, amarela e vermella......MISTERIO.
Recordamos o conto xa traballado "Pequeño azul e pequeño amarelo" , Qué lle sucedera a pequeño azul e pequeño amarelo?......QUE MEMORÍA TEÑEN.........Convertiánse en verde.....Pois que mellor maneira quever iso ca auga de cores.
O mércores, despois de moitas hipótesis, descubrimos o misterio....a auga que non ten cor agora era azul, amarela e vermella......MISTERIO.
Recordamos o conto xa traballado "Pequeño azul e pequeño amarelo" , Qué lle sucedera a pequeño azul e pequeño amarelo?......QUE MEMORÍA TEÑEN.........Convertiánse en verde.....Pois que mellor maneira quever iso ca auga de cores.
A OUTRA METADA
Volvemos coa nosa mesa de luz. Xa estaban ansiosos por pintar nela a outra metade da clase. QUÉ BEN O PASAN E CANTO APRENDEN!
martes, 6 de marzo de 2018
BOTELLA DA CALMA
Letras, números, bolboretas, boliñas, purpurina, gomina, auga e ata un zapato un bolso, un vaso e un anel. Todo iso empregamos para facer cada neno e nena a súa botella da calma.
Encántalles xirala e ver como se move a purpurina e xogan a atopar cousas.
Encántalles xirala e ver como se move a purpurina e xogan a atopar cousas.
2ª PARTE DO EXPERIMENTO
Qué pasou? A auga, que xa sabemos que é incolora, agora é verde....As bolas e os cuadradiños que onte eran pequenos arestora son grandes.....pero o punzón e a peza non cambiaron.....Qué pasaría? MAXÍA.
jueves, 1 de marzo de 2018
1ª PARTE DO EXPERIMENTO
Mergullamos unhas boliñas azuis pequerrechas, uns cadradiños verdes tamén pequenos, un punzón e unha peza. Formulamos hipóteses de qué lles podería pasar; algún dixo que viría un león, outro que desaparecerían outros non sabían...
Teremos que esperar ata mañá para descubrir que lle pasará a estos obxectos cando estén mergullados na auga toda a noite e tapadiños.
XOANIÑA
Hoxe tocoulles aos pequeniños da nosa escola compartir unha experiencia moi especial e diferente cunha representación do centro ocupacional de ASPANANES situado en Celeiro . Ensinaronlles a traballar un pouquiño co barro. E coa súa axuda, os nosos nenos e nenas, elaboraron unha xoaniña con casa incluída. Arestora queda esperar a que seque ben e pintala pouco a pouco.
Graciñas Antonio, Fernando e ao seu profe Marco.
Os nenos e nenas de tres aniños non tiveron ningún problema para deixarlles aos maiores de infantil a nosa clase. Descubriron que os maiores tamén están traballando cousiñas sobre a auga e podemos ver as aportacións que fixeron as familias para dito proxecto.
CHÁMOME
Estreamos libro cos nomes dos nenos e nenas da clase. Forma parte dun novo recanto,o recanto das letras. Traballamos o conteo das letras, a orde das mesmas , a direccionalidade, a letra de inicio e a do final e por suposto a pinza dixital para poder arrincar cada letra e pegala en cada lugar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)