jueves, 8 de marzo de 2018

A NOSA PRIMEIRA ACTUACIÓN EN SOLITARIO

Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite!
Ao longo desta semana homenaxeamos a Rosalía de Castro. Hoxe xoves tocounos a nós, aos máis pequerrechos da escola. Como xa queremos que veña o bon tempo para poder saír ao patio de fóra, escollimos unha estrofa do poema Alborada . A maiores de aprender a estrofa de memoría os nenos e nenas elaboraron  un pequeño adorno para a cabeza; un paxariño, unha mazorca, un sol e unha lúa cunha estreliña. BRAVOOOOOOOOOO!!!!!!!!!!!!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario