jueves, 1 de marzo de 2018

XOANIÑA

 
Hoxe tocoulles aos pequeniños da nosa escola compartir unha experiencia moi especial e diferente cunha representación do centro ocupacional de ASPANANES situado en Celeiro . Ensinaronlles a traballar un pouquiño co barro. E coa súa axuda, os nosos nenos e nenas, elaboraron unha xoaniña  con casa incluída. Arestora queda esperar a que seque ben e pintala pouco a pouco. 
 
Graciñas Antonio, Fernando e ao seu profe Marco.
 
 
 
 
Resultado final

Os nenos e nenas de tres aniños non tiveron ningún problema para deixarlles aos maiores de infantil a nosa clase. Descubriron que os maiores tamén están traballando cousiñas sobre a auga e podemos ver as aportacións que fixeron as familias para dito proxecto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario